Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.143

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza ó centro privado Technical School da Coruña, a transformación dunha unidade de formación profesional de segundo grao nun ciclo formativo de grao medio.

Examinada a solicitude formulada polo titular do centro privado Technical School da Coruña, que solicita a transformación dunha unidade de formación profesional de segundo grao da rama administrativa

e comercial, nun ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo (BOE do 28), Real decreto 777/1998, do 30 de abril (BOE do 4 de maio), Orde do 7 de xaneiro de 1997 (Diario Oficial de Galicia do 21 de xaneiro), pola que se regula a adecuación das autorizacións dos centros privados de formación profesional de primeiro grao autorizados ou con clasificación definitiva e mailas dos centros de formación profesional de

segundo grao homologados para implanta-los ciclos formativos de grao medio.

Considerando que a mencionada solicitude se axusta á lexislación vixente.

Esta dirección xeral, en virtude do establecido na disposición derradeira primeira da referida Orde do 7 de xaneiro de 1997,

RESOLVE:

Autoriza-la transformación dunha unidade de FP2 da rama administrativa e comercial nun ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa, segundo os datos que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2001.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Centro: Technical School.

Código do centro: 15005294.-1 unidade de FP2 da rama administrativa e comercial.

Transfórmase en:

-1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa da familia profesional de Administración.

Composición resultante:-2 ciclos formativos de grao medio de xestión administrativa.-1 ciclo formativo de grao medio de comercio.-1 unidade de FP2 da rama administrativa e comercial.