Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 07 de maio de 2001 Páx. 6.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto para a dotación das aulas de formación do centro de formación ocupacional de Santa María de Europa en Ourense. (3 lotes).

Esta secretaría xeral, unha vez cumprido-los trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 11/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: dotación das aulas de formación do centro de formación ocupacional Santa María de Europa en Ourense. (3 lotes).

b) Lugar de execución: Ourense.

c) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 29.800.000 pesetas, 179.101,61 A.

Lote 1: 21.500.000 pesetas (frigorista-instalacións refrix. comerciais) 129.217,60 A.

Lote 2: 2.500.000 pesetas (instalador de gas) 15.025,30 A.

Lote 3: 5.800.000 pesetas (electricista industrial) 34.858,70 A.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: si (4% do orzamento da adxudicación).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: información de índole administrativa: 981 54 46 80 - 54 46 52.

Información de índole técnica: 988 22 54 00 (Sr. Vázquez Conde)

e) Telefax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo de Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=300.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de contratistas se xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado)

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2001.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia e

Promoción do Emprego, Muller e Xuventude