Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 07 de maio de 2001 Páx. 6.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 200/2001.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución e presenta-las alegacións que coiden oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: 200/2001.

Acta inf. nº: 1209/2000.

Empresa: Teodoro Santos Domínguez.

NIF/DNI: 33.221.785-X.

Enderezo: Poblado, 6 (Porto do Son).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 250.100 pesetas.

Documentos que constan no expediente:-Acta de infracción.-Xustificantes da notificación.

A Coruña, 30 de marzo de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña