Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 07 de maio de 2001 Páx. 6.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 2 de abril de 2001, da Delegación Comarcal de Pontevedra, pola que se notifica a apertura e prego de cargos de expediente sancionador PESAN1 01/000118-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a seguir se cita, a apertura e prego de cargos do expediente instruído por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (Diario Oficial de Galicia nº 99, do 27 de maio).

O interesado dispón dun prazo de oito días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación territorial as alegacións que coide pertinentes.

O expediente que se cita de seguido atópase á disposición do interesado na Delegación Comarcal de Pontevedra, Andrés Mellado, 15 - 1º.

Nº de expediente: PESAN1 01/000118-5.

Denunciado: Celestino Muelle Rodil.

DNI: 35.448.919-P.

Enderezo: Lugar Outeiro, 9, Adina, Sanxenxo.

Pontevedra, 2 de abril de 2001.

Carlos Costa Fraga

Delegado comarcal de Pontevedra