Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.054

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2001, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, pola que se anuncia a contratación de subministracións, polo procedemento aberto e mediante concurso público. (Expediente 47/2001 e tres máis).

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, convoca os seguintes concursos públicos:

Expediente nº 47/2001 área sur e 23/2001 área norte.

Obxeto: subministración de material xeral: luvas, apósitos autoadhesivos, gasas, vendas, esparadrapo, agullas insulina, agullas estériles, xiringas, máscaras osíxeno e sedas.

Orzamento: 34.500.400 pesetas (IVE incluído) 20.351,58 euros, área sur e 26.388.500 pesetas (IVE incluído) 158.598,09 euros, área norte.

Expediente nº 50/2001 área sur e 26/2001 área norte.

Obxeto: subministracións de apósitos húmidos: alxinatos e hidrocoloides.

Orzamento: 14.920.000 pesetas (IVE incluído) 89.671,01 euros, área sur e 7.095.000 pesetas (IVE incluído) 42.641,81 euros, área norte.

1. Prazo de entrega: os artigos obxecto dos concursos referidos entregaranse no prazo de 15 días contados desde a data de formalización do contrato.

2. Fianzas.

a) Provisional: no se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicacion dos artigos adxudicados.

3. Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso.

4. Solvencia económica, financeira e técnica: acreditarase segundo o disposto no punto 4.4. do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación.

5. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 6.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México, 26 -1ª planta (Vigo), teléfono 986 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

7. Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4º, 36204-Vigo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no punto 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26-6ª planta, de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario/s del.

Vigo, 22 de marzo de 2001.

Ángel Martín Santos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo