1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: secretaría xeral.
2. Obxecto do contrato
2.1. Descrición do obxecto: repoboación en 62,7 ha do monte Serra de Pena e Monteagudo do concello de Calvos de Randín (Ourense).
2.2. Prazo de execución: doce (12) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: dezaseis millóns trescentas dúas mil cento trinta e dúas (16.302.132) pesetas, IVE incluído (97.977,79 euros).
5. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación, trescentas vinteseis mil corenta e tres (326.043) pesetas (1.959,56 euros).
6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación, seiscentas cincuenta e dúas mil oitenta e cinco (652.085) pesetas (3.919,11 euros).
7. Clasificación: non se esixe.
8. Documentación e información.
8.1. Documentación:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copynino, sita na rúa Xeneral Pardiñas nº 2 de Santiago de Compostela (teléfono: 981 58 89 38), e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=341.
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:
-No epígrafe asunto: nome do concurso.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
8.2. Información: teléfono 981 54 17 49.
9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de execución de obra de tratamentos silvícolas e repoboacións forestais nos concellos de: Vilar de Barrio, A Lama, Ponte Caldelas, Cotobade, Viana do Bolo e Calvos de Randín, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional e clasificación, de ser esixidas, referencia do concurso no que se presenta a documentación xeral.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.
b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación das
proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 26 de abril de 2001.
P.D. (Orde 12-1-1998)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente