Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto básico e addenda ó proxecto básico dunha planta de almacenamento e regasificación de gas natural licuado en Mugardos (A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte (20) días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto básico e addenda ó

proxecto básico dunha planta de almacenamento e regasificación de gas natural licuado en Mugardos (A Coruña).

2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

-Concello de Mugardos.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliacion Ambiental