Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, trámite ordinario, para a contratación do servicio de restauración, limpeza das instalacións e mantemento e limpeza da piscina do Campamento Xuvenil Penedos de Xacinto de Entrimo (Ourense).

A Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente: 8/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratación do servicio de restauración, limpeza das instalacións e mantemento e limpeza da piscina do Campamento Xuvenil Penedos de Xacinto de Entrimo (Ourense).

b) Lugar de execución: Campamento Xuvenil Penedos de Xacinto de Entrimo (Ourense).

c) Prazo de execución: desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2001, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 9.303.000 pesetas, co IVE incluído (1.400 pesetas/praza/día, co IVE incluído, cun máximo de 6.645 prazas).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% prezo da licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n.

c) Localidade: Ourense 32004.

d) Teléfono 988 38 60 96-Telefax: 988 38 60 87 e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial en Ourense da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición de envío na oficina de correos e comunicarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988 38 60 87) ou telegrama, no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n.

c) Localidade: Ourense.

d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura delas terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: 13.30 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 6 de abril de 2001.

Isidro J. Cabero Juárez

Delegado provincial de Ourense