Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T.S., C.T., Barco de Ávila.
Situación: O Barco.
Descricións técnicas: centro de transformación tipo interior de 400 kVA, r/t 15.000/380-220 V na r/ Barco de Ávila, alimentado por liña subterránea a 15 kV de 30 m con orixe e retorno na L.M.T. subterránea C.T. Salgueiral a C.T. Breogán.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.
Ourense, 28 de marzo de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense