Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T.S., C.T. Faustino Santalices.
Situación: Ourense.
Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV de 300 m en conductor R.H.Z. 1-12/20 kV con orixe na cela de liña do C.T. urb. Rampla de Sas-2 e remata na L.M.T. ó C.T. Rampla de Sas, despois de alimenta-lo C.T. proxectado en caseta con 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 22 de marzo de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense