Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.002

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de marzo de 2001 pola que se autoriza o cambio de denominación do centro público integrado de Pedrafita do Cebreiro (Lugo).

Tendo en conta o artigo 1.2º do anexo do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias (DOG nº 16, do 26 de xaneiro), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Pedrafita do Cebreiro.

Localidade: Pedrafita do Cebreiro.

Código do centro: 27015967.

Denominación: centro público integrado Pedrafita do Cebreiro.

Nova denominación: centro público integrado Uxío Novoneira.