Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 5.995

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de abril de 2001 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas para a realización de prácticas no Centro de Supercomputación de Galicia para titulados universitarios en informática e titulados de formación profesional de segundo grao das especialidades/familias profesionais de informática correspondentes ás accións do programa de promoción xeral da investigación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1º establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 18 de decembro de 1998 aprobou o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (1999-2001).

En aplicación do plan e dentro do programa de promoción xeral da investigación, tendo en conta a intensa e crecente demanda de persoal especialista en informática considérase de interese aproveita-las posibilidades que o Centro de Supercomputación de Galicia (en diante Cesga) ofrece para a formación de persoal cualificado na área informática para a súa incorporación o sistema Ciencia-Tecnoloxía-Empresa.

Polo que antecede esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Obxecto.

Convócanse, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, 3 bolsas de prácticas para titulados universitarios en informática e 3 bolsas de prácticas para titulados de formación profesional de segundo grao das especialidades/familias profesionais de informática que figuran no anexo I desta convocatoria.

Estas axudas teñen como finalidade atende-la crecente demanda de persoal especialista en informática así como aproveita-la posibilidades que o Centro de Supercomputación de Galicia ofrece para a formación de persoal cualificado na área informática para a súa incorporación o sistema Ciencia-Tecnoloxía-Empresa.

Estas bolsas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Segundo.-Duración e dotación económica das bolsas.

A duración de cada bolsa abrangue desde o día 1 de xuño de 2001 ata o 31 de maio de 2002.

O importe bruto anual de cada bolsa acada a cantidade de 1.320.000 pesetas para os titulados en FP II (110.000 pesetas brutas mensuais) e 1.680.000 pesetas para os titulados universitarios (140.000 pesetas brutas mensuais).

As bolsas levarán asociado un seguro combinado de accidentes que o Cesga deberá subscribir en beneficio dos bolseiros polo período de duración da bolsa, que se imputará ás mesmas aplicacións orzamentarias que ás bolsas.

Terceiro.-Natureza xurídica da relación.

A condición de bolseiro non xerará unha relación laboral ou administrativa coa Xunta de Galicia nin co Cesga, nin supoñerá a súa inclusión na Seguridade Social.

Cuarta.-Requisitos dos solicitantes.

Poderán optar ás bolsas convocadas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ser titulado de formación profesional de segundo grao (ou de estudios equivalentes) que teñan como especialidade algunha das que figuran no anexo I desta orde ou ben ser titulado universitario en informática.

b) Non estar obrigado a realiza-lo servicio militar ou prestación social substitutiva durante o período de aproveitamento da bolsa.

Quinta.-Formalización de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial PXI-24 que se publica como anexo I a esta orde, e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e na Internet nos seguintes enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid

poderán ser presentadas no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Estas solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Certificación académica relativa ós estudios realizados polo solicitante (orixinal ou copia compulsada).

b) Declaración do solicitante de tódalas axudas solicitadas tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

c) Fotocopia compulsada do correspondente título ou, no seu defecto, documento acreditativo do pagamento das taxas correspondentes para a súa expedición.

Sexta.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de maio de 2001.

Sétima.-Tramitación.

Os servicios administrativos da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento procederán á revisión das solicitudes presentadas comprobando se é correcta a documentación achegada. En caso contrario requirirase o solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende os erros detectados con advertencia de que, de non o facer, se lle considerará desistido da súa solicitude, procedendo consonte o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada, con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

Oitava.-Selección e resolución.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada por unha comisión designada polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento, actuando un dos seus membros como presidente e outro como secretario, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva.

A selección dos bolseiros farase de acordo co seguinte baremo:

-Expediente académico: ata 4 puntos.

-Entrevista: ata 2 puntos. A comisión poderá establecer unha puntuación mínima no expediente académico para acceder á entrevista, a cal versará sobre os seus coñecementos en informática e terá unha duración máxima de quince minutos.

Finalmente, a comisión fará publica a relación de candidatos ordenados por orde de maior a menor puntuación dentro dos titulados universitarios e dos técnicos de FP II, propoñendo á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento a adxudicación ós seis candidatos de mellor puntuación (3 titulados universitarios e 3 técnicos de FP II) e elaborando

unha lista de suplentes para o caso de non aceptación ou renuncia dalgún dos adxudicatarios. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Novena.-Réxime de colaboración.

Os aspirantes seleccionados, no prazo de tres días naturais seguintes ó da notificación de outorgamento da bolsa e trala aceptación desta, incorporaranse ó Cesga ó que quedarán adscritos, para poder desenvolve-las súas actividades en prácticas, nalgunha das dependencias ou centros ós que o Cesga presta servicio.

No caso de que un adxudicatario, por calquera motivo, non puidese presta-la súa colaboración, será substituído polo candidato seguinte por orde de puntuación que figure na lista de suplentes.

No caso de que un adxudicatario renuncie unha vez iniciada a súa colaboración, poderá ser substituído igualmente polo candidato que lle corresponda da lista de suplentes, iniciándose os correspondentes pagamentos a partir dese momento.

Os bolseiros prestarán a súa colaboración baixo a supervisión do Centro de Supercomputación de Galicia, con horario de traballo de mañá e/ou tarde, de luns a venres.

Os bolseiros terán a obriga de facilitar toda a documentación que lles sexa requirida pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Consello de Contas e polo Tribunal de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

Décima.-Dedicación.

O bolseiro deberá dedicarse de maneira plena a cumpri-las tarefas que lle sexan encomendadas. O desfrute da bolsa será incompatible con calquera clase de traballo remunerado ou co desfrute doutra bolsa.

Décimo primeira.-Orzamento e pagamentos.

As accións derivadas desta convocatoria, que acadan a cantidade de 9.216.000 pesetas, financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432.A 442.0 (4.608.000 pesetas con cargo ó exercicio 2001 e 4.608.000 pesetas con cargo ó exercicio 2002) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os pagamentos serán realizados pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ó Cesga do modo seguinte:

-Un pagamento de 750.000 pesetas unha vez adxudicadas as bolsas e recibida a certificación do Cesga na que conste a incorporación dos bolseiros.

-Pagamentos mensuais por importe de 750.000 pesetas cada un deles a medida que o Cesga xustifique o pagamento da mensualidade anterior.

-O pagamento do seguro (máximo 108.000 pesetas de cada un dos exercicios orzamentarios) realizarase ó Cesga unha vez que este presente a correspondente factura da entidade aseguradora.

Pola súa parte o Cesga comprométese ó pagamento mensual das bolsas ós beneficiarios así como ó pagamento dos correspondentes seguros.

Décimo segunda.-Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que se poidan presentar na aplicación desta convocatoria.

No caso de que durante o período de desfrute da bolsa se producise algunha circunstancia que motivase a interrupción da colaboración do bolseiro, informarase de maneira inmediata a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para a adopción das medidas oportunas. Neste sentido, a dita secretaría xeral poderá propoñe-la adxudicación da bolsa a outro candidato tendo en conta a lista de suplentes.

Os bolseiros que, unha vez iniciada a bolsa, renuncien a seguir prestando a súa colaboración, terán dereito ás mensualidades transcorridas desde o inicio da bolsa ata a data da súa renuncia; para isto deberán presentar un informe sobre os traballos realizados ata a data de renuncia, que quedará en propiedade da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e do Centro de Supercomputación de Galicia.

No caso de incumprimento das tarefas de colaboración, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá, tras escoita-la persoa afectada, anula-la bolsa, quedando en ese caso obrigado o adxudicatario ó reintegro total da subvención percibida.

Décimo terceira.-Prazo de resolucións e recursos.

O prazo máximo para resolve-las solicitudes presentadas ó amparo desta convocatoria pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento será de 6 meses, contados desde a publicación desta orde no DOG. De non mediar resolución expresa no dito prazo, as solicitudes deberán entenderse desestimadas.

A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Contra as resolucións expresas ou presuntas que deriven desta convocatoria, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día

seguinte ó da recepción da correspondente notificación no caso de resolucións expresas. No caso de que a resolución se entenda desestimatoria por silencio administrativo, o prazo será de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

De non estima-la presentación deste recurso, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación, se a resolución é expresa. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo, o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Os beneficiarios das axudas concedidas ó abeiro do disposto nesta orde quedan obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. Así mesmo, os beneficiarios deberán proceder ó reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Ramas, especialidades, módulos e ciclos formativos de grao superior que poden ser solicitados polos titulados de FP II ou de estudios equivalentes.

Título de técnico especialista-Formación profesional de segundo grao (rama)

* Módulos profesionais de nivel 3 (rama)

Título de técnico superior

Familia profesional

-Ciclos formativos de grao superior

Rama: administrativa e comercialInformática
Especialidade de:-Informática de empresas-Informática de empresa-Informática empresarial-Administración de sistemas informáticos

-Informática de xestión-Programador de aplicacións de xestión

* Programación de informática de xestión

-Desenvolvemento de aplicacións informáticas

Rama: electricidade e electrónica

Especialidade:-Equipos de informática

* Equipos informáticos

Electricidade e electrónica-Sistema de telecomunicacións e informáticos