Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 19 de abril de 2001 pola que se anuncia concurso público para a execución das obras de rehabilitación do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil para uso hoteleiro, terceira fase, en Nogueira de Ramuín (Ourense), polo procedemento aberto e trámite de urxencia.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 81, do 26 de abril de 2001, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 5.582, no punto correspondente á clasificación requirida, onde di: «grupo K, subgrupos todos, categoría e», debe dicir: «grupo K, subgrupo 7, categoría e».