Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Componentes Aeronáuticos, S.A. (Coasa).
Domicilio social: Parque Tecnolóxico - parcela A, 32000 San Cibrao das Viñas.
Denominación: L.M.T., C.T., planta Composites Coasa.
Situación: Parque T.G. en San Cibrao das Viñas.
Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV de 355 m en conductor R.H.Z. 1, 12/20 kV, derivada desde a caseta de entrega de enerxía ata o centro de transformación situado no interior da nave equipado con 2 transformadores, instalados en paralelo, de 1.250 kVA CU e relación de T. 20.000/380-220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 22 de marzo de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense