Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/30-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. avda. Zamora.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV de 50 m en conductor R.H.Z. 12/20 kV, derivada desde a L.M.T. S.O.T. procedente da L.M.T. Circunvalación e remata na L.M.T. S.O.T. ó C.T. Araújo logo de alimenta-lo C.T. urb. Carnero y López proxectado en soto, con 630 kVA, R/T 20.000/

380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 21 de marzo de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense