Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.890

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de confeiterías, pastelerías, masas fritidas, bolos, xeados artesáns da provincia da Coruña.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de confeiterías, pastelerías, masas fritidas, bolos, xeados artesáns da provincia da Coruña (código convenio 1500375) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-3-2001, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Confiterías da provincia da Coruña, e da parte social, por UGT e CC.OO. o día 28-2-2001, conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do

Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de marzo de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo de confeiterías, pastelerías, masas fritidas, bolos e xeados artesáns

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo regulará as relacións laborais entre traballadores e empresas dedicadas á confeitería, pastelería, masas fritidas, bolos e xelados artesáns, incluído o persoal mercantil con centros de traballo na Coruña e a súa provincia a partir da data de entrada en vigor.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e revisión.

A totalidade das cláusulas, tanto económicas como sociais, pactadas no presente convenio entrarán en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2000 e a súa duración será ata o 31 de decembro de 2001.

As retribucións acordadas e os pactos do presente convenio terán efectos o mesmo día de entrada en vigor, calquera que sexa a data da súa publicación no BOP. Este convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano, salvo denuncia de calquera das partes, que se terá que realizar cunha anticipación mínima ó fin do período de vixencia, ou de calquera das súas prórrogas, de dous meses.

Artigo 3º.-Vixilancia.

En cumprimento do disposto no Estatuto dos traballadores, establécese, segundo o seu artigo 85, unha comisión paritaria que estará formada por tres representantes de UGT, dous representantes de CC.OO. e cinco representantes das asociacións patronais que interviñeron nas negociacións do presente convenio.

Artigo 4º.-Respecto dos dereitos, compensacións e absorción.

Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas en canto determinen maiores dereitos dos concedidos neste convenio respecto ás materias obxecto de regulación.

Sen prexuízo de que se poidan estender a calquera situación as melloras establecidas neste convenio nin a facultade de amplialas, as empresas que veñan aboando ó seu persoal salarios superiores ós esixidos regulamentariamente non estarán obrigadas a aplica-las elevacións que se fixen polas presentes estipulacións, salvo en contía necesaria para suplir diferencias.

Artigo 5º.-Asignacións económicas.

Fíxanse como mínimas as retribucións que figuran nas táboas de salarios que se xuntan; o incremento para o ano 2000 será dun 4,5%, e para o ano 2001 do IPC previsto polo Goberno para o ano 2001 máis medio punto, é dicir, o 2,5%. Se o IPC real no 31 de decembro de 2001 excedese o IPC previsto para ese ano, revisaranse os salarios no exceso.

Artigo 6º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte de carácter inabsorbible, na contía de 266 pesetas diarias. Este complemento, que percibirán tódolos traballadores, aboarase unicamente os días realmente traballados, e aboaranse tamén no mes de vacacións.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense para tódolos traballadores tres pagas extraordinarias: unha en marzo, que corresponde á de beneficios, calculándose a razón do nove por cento do salario base máis antigüidade en cómputo anual; en caso de ser inferior, será o que lle corresponda por 30 días de salario base máis antigüidade. Outra no mes de xullo e a terceira no Nadal. Todas elas se aboarán a razón de 30 días de salario base máis antigüidade. Pagaranse os días 15 de xullo e 15 de decembro.

Artigo 8º.-Xubilación.

Os traballadores que se xubilen e conten cunha antigüidade mínima de 15 anos ó servicio da empresa percibirán desta, como premio de xubilación, dúas mensualidades de salario. Por cada cinco anos máis de antigüidade, a partir dos citados 15, o dito premio incrementarase en 10.000 pesetas máis, sen limitacións.

Artigo 9º.-Falecemento.

No caso de un traballador falecer estando en activo e de levar, como mínimo, cinco anos ó servicio da empresa, esta aboaralle ós seus herdeiros ou á persoa que el directamente designe dúas mensualidades de salario en concepto de socorro por defunción.

Artigo 10º.-Antigüidade.

O persoal afectado polo presente convenio percibirá, en concepto de complemento persoal de antigüidade, unha contía fixa por cada 3 anos de servicios prestados á empresa, de acordo coas táboas anexas.

A data inicial do cómputo de antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa.

Establécese unha limitación de 10 trienios para tódolos traballadores.

O incremento das táboas de antigüidade non será inferior ó 80% do incremento porcentual ou equivalente que se estableza como incremento do salario base.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias aboaranse cunha recarga do cento por cento do salario base/hora.

Artigo 12º.-Nocturnidade.

O complemento por traballo nocturno establécese no 40% do salario base.

Artigo 13º.-Servicio militar.

Os traballadores que se encontren prestando o servicio militar, obrigatoria ou voluntariamente, e conten cunha antigüidade na empresa non inferior a dous anos, percibirán as gratificacións de xullo e Nadal íntegras.

Artigo 14º.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán anualmente de 30 días de vacacións.

Artigo 15º.-Descansos.

Serán días de descanso para os traballadores e empresarios, sen perda de retribución por parte do persoal asalariado, o día 27 de abril, festividade de Nosa Señora de Montserrat, patrona da actividade de confeitería e pastelería, e o 25 de decembro, día de Nadal.

O citado descanso refírese tanto ós traballadores encadrados no presente convenio como ós empresarios ós que este se refire.

Se a primeira das ditas festividades coincidese en sábado ou domingo, trasladarase ó luns seguinte.

Artigo 16º.-Licencias retribuídas.

As licencias serán retribuídas logo de aviso e xustificación, con dereito a remuneración, polos motivos seguintes:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días no caso de parto da esposa, en caso de enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao. Se o traballador necesitase desprazarse fóra do domicilio habitual, será de catro días.

c) Un día en caso de enfermidade grave ou falecemento de fillos políticos.

d) Dous días por traslado de domicilio habitual.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal.

f) Un día en caso de bautizo, primeira comuñón e vodas de parentes de primeiro grao.

Artigo 17º.-Xornada.

Nos talleres de confeitería e pastelería a xornada de domingo e festivos non se poderá prorrogar máis das 12 horas.

Artigo 18º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para as empresas e traballadores afectados polo presente convenio será de 1.800 horas anuais.

Considerarase como traballo efectivo o tempo destinado ó bocadillo nas empresas que antes do ano 1983 viñesen concedendo este dereito.

Artigo 19º.-Enfermidades e accidentes.

A empresa aboaralle ó traballador en situación de incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral un complemento que, sumado á prestación correspondente da Seguridade Social, alcance o 75% dos seus devengos salariais desde o primeiro día ata o día 20 inclusive de baixa, e a partir do 21, e por un período máximo de seis meses, o dito complemento alcanzará o 100% dos devengos salariais do traballador.

Artigo 20º.-Póliza de accidentes.

As empresas estarán obrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de seguros para a cobertura e os riscos de morte por accidente de traballo durante as 24 horas do día, garantindo o percibo da indemnización de 2.500.000 pesetas en ámbolos supostos. Esta cantidade será extensiva á invalidez total absoluta.

Artigo 21º.-Garantías sindicais.

Observarase o disposto no Estatuto dos traballadores e na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 22º.-Xubilación voluntaria.

Ós 60 anos: 180.000 pesetas.

Ós 61 anos: 168.000 pesetas.

Ós 62 anos: 156.000 pesetas.

Ós 63 anos: 132.000 pesetas.

Ós 64 anos: 120.000 pesetas.

Esta última idade de 64 anos enténdese sen prexuízo de que se, por disposición legal ou normativa similar, se rebaixase a idade de xubilación ata os ditos anos, quedará sen efecto a prestación concedida de 120.000 pesetas mais subsistirán os demais topes de xubilación tal e como se pactan no presente artigo.

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

Ó persoal que polo seu traballo necesite roupa especial, as empresas estarán obrigadas a facilitarlle gratuitamente batas, fundas, panos, etc.; a duración destas pezas será dun ano.

Artigo 24º.-Normas supletorias.

Consideraranse normas supletorias de carácter xeral o acordo marco estatal de pastelería, confeitería, bolería, xeladería, repostería e pratos combinados, asinado pola Confederación Española de Empresarios Artesáns de Pastelería e por CC.OO. e UGT, e publicado no Boletín Oficial del Estado do día 11 de marzo de 1996.

Artigo 25º.-Cláusula de desvinculación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio será de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula regulada no presente artigo establécense os seguintes mecanismos e pola seguinte orde de prioridade:

1º Comisión paritaria do convenio.

2º Negociación coa representación legal dos traballadores.

3º Mecanismos do AGA.

A tódolos mecanismos citados anteriormente achegaráselle-la seguinte documentación:

-Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos dous últimos exercicios nos que se demostre que durante eles se produciron perdas reais.

-Plan de viabilidade para o período en que se pretende a aplicación da dita cláusula de exención e xustificación económica e a súa repercusión real no melloramento global dos resultados da empresa.

Na súa aplicación poderanse pactar reduccións sobre as porcentaxes de incremento negociadas ou o a súa total inaplicación polo período que se determine. Neste último caso aplicaranse os aspectos económicos nos mesmos termos que figuran no convenio anteriormente vixente.

Os representantes legais dos traballadores, membros da comisión paritaria, así como os seus asesores, están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos a que tivesen acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, respecto de todo isto, sixilo profesional.

Artigo 26º.-Contrato eventual por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

A duración máxima dos contratos eventuais regulados no artigo 15.1º.b do Estatuto dos traballadores será de 13 meses e medio dentro dun período de 18 meses, contados a partir do momento en que se produzan as ditas causas.

Os contratos eventuais por circunstancias do mercado, celebrados antes da sinatura do presente convenio colectivo, rexeranse ata a súa extinción pola normativa convencional conforme a cal se celebraron, polo que poderán esgota-la duración máxima establecida nos anteriores convenios colectivos.

Artigo 27º.-Cláusula de adhesión ó AGA.

Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CIG, as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas.

Cláusula transitoria.

Conforme o establecido na alínea b) do parágrafo 2º da disposición adicional 1ª da Lei 63/1997, do 26 de decembro, as dúas partes acordan que se manteña a posibilidade de conversión de tódolos contratos temporais e de duración determinada celebrados ata o 16 de maio do 2001 no contrato para o fomento da contratación indefinida, regulado na citada disposición adicional.

Táboas salariais do convenio colectivo confiteirías, anos 2000 e 2001

CategoríasAno 2000Ano 2001

Salario base mesSalar. base anualAntigüidadeSalario base mesSalar. base anualAntigüidade

Técnicos (non titulados)

Encargado xeral133.2601.998.9007.761136.5922.048.8807.916

Xefe fabricación taller142.5452.138.1758.303146.1092.191.6358.469

Encargado de sección106.1381.592.0706.182108.7911.631.8656.306

Administrativos

Xefe de administrac. de 1ª150.7912.261.8658.782154.5612.318.4158.958

Xefe de administrac. de 2ª142.5452.138.1758.303146.1092.191.6358.469

Oficial de 1ª128.7921.931.8807.502132.0121.980.1807.652

Oficial de 2ª114.9791.724.6856.696117.8531.767.7956.830

Auxiliar106.0581.590.8706.178108.7091.630.6356.302

CategoríasAno 2000Ano 2001

Salario base mesSalar. base anualAntigüidadeSalario base mesSalar. base anualAntigüidade

Aspirante de primeiro ano*62.491937.3653.21464.053960.7953.278

Aspirante de segundo ano*64.027960.4053.72965.628984.4203.804

Aspirante de terceiro ano*82.7721.241.5804.82284.8411.272.6154.918

Mercantís

Xefe de vendas145.1832.177.7458.457148.8132.232.1958.626

Inspector de vendas137.9592.069.3858.035141.4082.121.1208.196

Promotor de propaganda114.9791.724.6856.696117.8531.767.7956.830

Vendedor de autovenda110.3831.655.7456.428113.1431.697.1456.557

Viaxante110.3831.655.7456.428113.1431.697.1456.557

Obreiros

a) Persoal de producción

Oficial de 1ª116.0801.741.2006.762118.9821.784.7306.897

Oficial de 2ª107.2151.608.2256.245109.8951.648.4256.370

Axudante100.7521.511.2805.868103.2711.549.0655.985

Forneiro mecanizado107.2151.608.2256.245109.8951.648.4256.370

Forneiro de pa107.2151.608.2256.245109.8951.648.4256.370

Aprendiz de 1º ano*62.491937.3653.25564.053960.7953.320

Aprendiz de 2º ano*64.831972.4653.77766.452996.7803.853

b) Pers. acabamento e empaqu.

Oficial de 1ª116.0801.741.2006.762118.9821.784.7306.897

Oficial de 2ª107.2151.608.2256.245109.8951.648.4256.370

Axudante100.7521.511.2805.868103.2711.549.0655.985

Aprendiz de 1º ano*62.491937.3653.25564.053960.7953.320

Aprendiz de 2º ano*64.831972.4653.77766.452996.7803.853

c) Pers. de oficios auxiliares

Oficial de 1ª116.0801.741.2006.762118.9821.784.7306.897

Oficial de 2ª107.2151.608.2256.245109.8951.648.4256.370

Peón97.5771.463.6555.682100.0161.500.2405.796

Persoal de limpeza97.5771.463.6555.682100.0161.500.2405.796

Subalternos

Almaceneiro116.0801.741.2006.762118.9821.784.7306.897

Conserxe103.8081.557.1206.046106.4031.596.0456.167

Cobrador103.8081.557.1206.046106.4031.596.0456.167

Basculeiro103.8081.557.1206.046106.4031.596.0456.167

Garda xuramentado103.8081.557.1206.046106.4031.596.0456.167

Garda vixilante103.8081.557.1206.046106.4031.596.0456.167

Ordenanza103.8081.557.1206.046106.4031.596.0456.167

Porteiro97.5771.463.6555.682100.0161.500.2405.796

Comercio

Administrativos

Auxiliar de caixa106.1281.591.9206.182108.7811.631.7156.306

Persoal mercantil

Dependenta de 25 anos110.1141.651.7106.413112.8671.693.0056.541

Dependenta menor de 24 anos106.1281.591.9206.182108.7811.631.7156.306

Axudante99.6881.495.3205.806102.1801.532.7005.922

Aprendiz de 16 a 18 anos*62.491937.3653.62264.053960.7953.694

* Os salarios reflectidos corresponden ó 85% da xornada de traballo (referida ós contratos de formación).