Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.883

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2001, conxunta das direccións xerais de Producción Agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se convoca 4 cursos de aplicadores/manipuladores de praguicidas, nivel básico.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes productos, establece no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vaia realizar.

En consecuencia, anúnciase a convocatoria de catro cursos (dous de productos fitosanitarios e de

uso gandeiro, e outros dous de praguicidas de uso ambiental e de uso na industria alimentaria), de aplicadores/manipuladores de praguicidas, que terán lugar dacordo coas seguintes bases:

1. Clase de cursos que se van impartir:

1.1. Dous cursos de aplicadores/manipuladores de productos fitosanitarios e de uso gandeiro. Nivel básico.

1.2. Dous cursos de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e de uso na industria alimentaria. Nivel básico.

2. Datos dos organismos organizadores:

Os organismos organizadores serán:

2.1. O Servicio de Sanidade Vexetal da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, para os cursos especificados no punto 1.1.

2.2. O Servicio de Protección da Saúde fronte a Riscos Específicos da Dirección Xeral de Saúde Pública, para os cursos especificados no punto 1.2.

3. Obxectivos dos cursos:

Conseguir unha formación adecuada para o persoal dos establecementos e empresas que manipulen ou realicen tratamentos con praguicidas fitosanitarios e de uso gandeiro, ou de uso ambiental e na industria alimentaria, co obxecto de que poidan obte-lo carné de manipulador destes productos que os capacite para exerce-la dita actividade en todo o territorio estatal.

4. Destinatarios:

a) Destinatarios: aplicadores, persoal de establecementos e servicios praguicidas, agricultores e público en xeral.

b) Nº de prazas: o número de alumnos que poderán participar en cada curso será de 30 como máximo.

c) Criterios de selección: o solicitante deberá ter, polo menos, 18 anos de idade. Terán preferencia na selección os aplicadores e/ou manipuladores pertencentes a empresas de tratamentos inscritas, ou en proceso de inscrición, no Rexistro Oficial de Establecementos e Servicios Praguicidas da comunidade autónoma (Orde do 8 de abril de 1996, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais).

5. Realización:

Os cursos (un de cada clase en cada centro) levaranse a cabo nos seguintes centros:

1º Escola de capacitación agraria de Guísamo.

Enderezo: Guísamo-Bergondo (A Coruña).

2º Escola de capacitación forestal de Lourizán.

Enderezo: A Igrexa-19, Lourizán (Pontevedra).

-Duración e horario.

Os cursos terán lugar nas seguintes datas:

Guísamo-Bergondo (A Coruña): do 21 ó 25 de maio de 2001.

Lourizán (Pontevedra): do 28 de maio ó 1 de xuño de 2001.

A duración de cada curso será de 23 horas lectivas distribuídas en 15 horas de clases teóricas e 8 de clases prácticas.

O horario dos cursos será das 9 ás 17.30 horas (xornadas de mañá e tarde), de luns a xoves, e das 9 ás 14 horas o venres. Os coordinadores poderán modifica-lo horario ou ben os días se é necesario.

6. Programa:

Os temarios que se impartirán son os que figuran no anexo II.

7. Coordinadores técnicos dos cursos:

De acordo coa facultade conferida no artigo 10 da Orde do 30 de xullo de 1997, os coordinadores técnicos serán:

1.1. Un técnico do Servicio de Sanidade Vexetal da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria para os cursos 1.1 do punto 1 que van ter lugar en Guísamo e Lourizán.

1.2. Manuel Porto Porto, xefe de Sección de Sanidade Ambiental da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña para o curso 1.2 do punto 1 que vai ter lugar en Guísamo, e María del Carmen Sánchez Barral, xefa de Sección de Sanidade Ambiental da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra para o curso 1.2 do punto 1 que vai ter lugar en Lourizán.

8. Solicitudes e inscrición:

As solicitudes de asistencia presentaranse nos modelos que figuran no anexo I. O solicitante poderá asistir a un ou a ámbolos dous cursos que teñan lugar no mesmo centro, sendo compatible o horario da súa realización.

A documentación sinalada anteriormente presentarase nos rexistros xerais das consellerías de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou de Sanidade e Servicios Sociais, dependendo dos cursos solicitados, das 9 ás 14 horas, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación será de 10 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución.

-Documentación: o persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar cuberta a solicitude ou solicitudes que figuran como anexo I, xunto cunha fotocopia compulsada do DNI e, se é o caso, certificación expedida polo establecemento ou servicio de praguicidas, especificando o labor que desempeña o solicitante nel.

-Admisión: a relación de solicitantes admitidos exporase no taboleiro de anuncios das direccións xerais de Producción Agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no prazo de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ó de finalización do prazo sinalado para a inscrición.

9. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado co que poderá solicitar ás direccións xerais de Producción Agropecuaria e de Saúde Pública, segundo corresponda, o carné de manipulador de praguicidas de productos fitosanitarios e de uso gandeiro ou de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel básico, que é o único documento válido para poder exerce-la actividade e para os efectos de inspección por parte dos organismos oficiais correspondentes.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2001.

Manuel Díaz CanoPilar Farjas Abadía

Director xeralDirectora xeral

de Producción Agropecuariade Saúde Pública

da Consellería de Agricultura,da Consellería de Sanidade

Gandería e Política Agroalimentariae Servicios Sociais