Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do estudio sobre a superación de indicadores relativo ó número de licencias en distintos núcleos rurais no termo municipal de Vigo.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2001, acordou declarar que no núcleo que se indica a continuación se superaron os indicadores que, para determina-la necesidade de formación de plans especiais, contén o punto 3.9.5 das normas urbanísticas. Daquela, débense declarar esgotadas as posibilidades edificatorias e parcelatorias do referido núcleo mentres non se aprobe o correspondente plan especial, e inicia-lo expediente de formulación do plan especial de mellora do núcleo, por redacción directa dos servicios técnicos municipais de planeamento, ou mediante contratación dunha asistencia técnica.

Os núcleos son os seguintes:

ExpedienteNúcleoTipo

6288/41112.01 A Estomada (Oia)C

6304/41108.11 San Lourenzo (Coruxo)C

6257/41101-02 O Carregal (Alcabre)C

O que se publica para o xeral coñecemento.

Vigo, 26 de marzo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo