Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da toma de coñecemento do avance do PERI Pertegueiras-Alcabre (expediente 6381/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 15 de febreiro de 2001, tomou coñecemento do avance do Plan Especial de Reforma Interior 2 Pertegueiras no núcleo 01.02 Argazada, na parroquia de Alcabre (expediente 6381/411), de iniciativa particular dun grupo de propietarios do ámbito, redactado polo arquitecto Ramón Reboreda Martínez, con visado do COAG de data 18 de decembro de 2000, así como das suxestións formuladas a este pola Oficina Técnica Municipal de Planeamento.

Sométese o expediente ó trámite de información pública, polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia co fin de que as distintas entidades e particulares poidan formula-las suxes

tións que estimen oportunas e presentar propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes.

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 5 de marzo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo