Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.846

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (137/2000).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas número 137/2000 se acordou citar a:

María del Carmen Arias López, actualmente en paradoiro descoñecido, para que o día 16 de maio de 2001, ás 10.30 horas, compareza na sala de audiencias deste xulgado co obxecto de asistir ó xuízo de faltas sinalado para ese día e hora, seguido por roubo con forza, en calidade de denunciada, facéndolle saber que deberá comparecer ó acto do xuízo con tódolos medios de proba de que intente valerse e que poderá acudir asistida de letrado, se ben este non é preceptivo, prevíndoa de que, de non comparecer, recaerán sobre ela os prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a María del Carmen Arias López, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o dous de abril de dous mil un.

O secretario

Rubricado