Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.845

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (161/1999).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción

número catro de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas número 161/1999, se acordou citar a:

José Ignacio Sánchez Pérez, actualmente en paradoiro descoñecido para que o día 16 de maio de 2001, ás 11 horas, compareza na sala de audiencias deste xulgado co obxecto de asistir ó xuízo de faltas sinalado para ese día e hora seguido por falta de furto, en calidade de denunciado, facéndolle saber

que deberá comparecer ó acto do xuízo con tódolos medios de proba de que intente valerse e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo, prevíndoo de que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a José Ignacio Sánchez Pérez, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o dous de abril de dous mil un.

O secretario

Rubricado