Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.803

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución conxunta do 4 de febreiro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se ordena a publicación do pacto asinado pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CC.OO, UGT, CSI-CSIF e CESM-SATSE, sobre selección temporal de diversas categorías de persoal estatuario para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Sergas e determinados postos funcionariais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 839, do 25 de febreiro de 2000, cómpre efectua-las oportunas correccións:

Na páxina 2.523, columna segunda, no último parágrafo deste páxina, onde di: «Ciclo superior de técnico en coidados de enfermería», debe dicir: «Ciclo medio técnico en coidados de enfermería».

Nas páxinas números 2.509; 2.511; 2.512; 2.514; 2.515; 2.517; 2.519; 2.521; 2.522; 2.524; 2.526 e 2.528 correspondentes ó Baremo de persoal facultivo: médicos de familia; Baremo de odontólogos; Baremo de psicológos clínicos; Baremo de pediatras; Baremo de ATS/DUE; Baremo de matronas; Baremo de fisioterapeutas: Baremo de técnicos especialistas; Baremo de hixienistas dentais; Baremo de auxiliares de enfermería; Baremo de logopedas e Baremo de persoal non sanitario, respectivamente, no punto II.B.c) de cada un dos devanditos baremos onde di:

«Duración:

Menos de 20 horas: 0,011 puntos por hora.

De 21 a 40 horas: 0,010 puntos por hora.

De 41 a 80 horas: 0,009 puntos por hora.

De 80 ou máis horas: 0,007 puntos por hora.», debe dicir: «Duración:

De 1 a 20 horas: 0,011 puntos por hora.

De 21 a 40 horas: 0,010 puntos por hora.

De 41 a 80 horas: 0,009 puntos por hora.

De 81 ou máis horas: 0,007 puntos por hora».