Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2001, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto e tramitación urxente, para o servicio de vixilancia nos centros de saúde e puntos de atención continuada Fontenla Maristany, Caranza, Cedeira, Narón, Pontedeume e San Sadurniño. (Expediente SR-UR-PA-CP 2/2001).

A Dirección-Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, modificada pola Orde de 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto e orzamento:

Servicio de vixilancia nos centros de saúde e puntos de atención continuada Fontenla Maristany, Caranza, Cedeira, Narón, Pontedeume e San Sadurniño.

Importe: 49.890.000 pesetas/ano (299.844,94 euros/ano). No dito importe xa está incluído o IVE.

2. Prazo de vixencia: 1 ano (12 mensualidades) desde a data de entrada en vigor do contrato.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación poden solicitarse na Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), departamento de subministracións, polígono da Gándara, parcela 35, 15407 Ferrol, en días laborais de 9 a 14 horas.

4. Fianzas:

a) Provisional: o 2% do orzamento de licitación que se constituirá segundo o disposto no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000 que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Definitiva: será o 4% do importe de adxudicación.

5. Clasificación: grupo III, subgrupo 2, categoría B.

6. Admisión de variantes: non se admiten.

7. Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área de Ferrol (Centro de Saúde Fontenla Maristany), praza de España 19-20, 5ª planta, Ferrol, antes das 14 horas do oitavo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2º do prego de cláusulas administrativas particulares. Se ese día coincide en festivo, o prazo para a presentación de proposicións rematará o primeiro día hábil seguinte.

8. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas realizarase pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Centro de Saúde Fontenla Maristany en Ferrol, ás 10 horas do undécimo día natural contado a partir do último día en que remate o prazo de presentación de ofertas. En caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

9. Documentos que deben aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1º Prezo ofertado: ata 50 puntos.

2º Medios materiais, instalacións e equipos técnicos e melloras: ata 25 puntos.

3º Plan xeral de seguridade: ata 25 puntos.

11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Ferrol, 2 de marzo de 2001.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol