Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2001, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área da Coruña), pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto e tramitación urxente, para o servicio de vixilancia nos centros de saúde e puntos de atención continuada San José, Xerencia de Atención Primaria-C.S. Abente e Lago, Servicio Especial de Urxencias, Betanzos, Cambre, Curtis-Teixeiro, Ponteceso, Vimianzo e Carballo. (Expediente SR-UR-PA-CP 1/2001).

A Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área da Coruña), en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, modificada pola Orde de 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto e orzamento:

Servicio de vixilancia nos centros de saúde e puntos de atención continuada San José, Xerencia Atención-Primaria-C.S. Abente y Lago, Servicio Especial de Urxencias, Betanzos, Cambre, Curtis-Teixeiro, Ponteceso, Vimianzo e Carballo.

Importe: 63.270.000 pesetas/ano (380.260,35 euros/ano). No dito importe xa está incluído o IVE.

2. Prazo de vixencia: 1 ano (12 mensualidades) desde a data de entrada en vigor do contrato.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación poden solicitarse na Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área da Coruña), departamento de subministracións, polígono da Grela, rúa Pasteur 22, A Coruña, en días laborais de 9 a 14 horas.

4. Fianzas:

a) Provisional: o 2% do orzamento de licitación que se constituirá segundo o disposto no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000 que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Definitiva: será o 4% do importe de adxudicación.

5. Clasificación: grupo III, subgrupo 2, categoría C.

6. Admisión de variantes: non se admiten.

7. Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, rúa Xeneral Sir John Moore 2, 2ª planta, 15001 A Coruña, antes das 14 horas do oitavo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2º do prego de cláusulas admi

nistrativas particulares. Se ese día coincide en festivo, o prazo para a presentación de proposicións rematará o primeiro día hábil seguinte.

8. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, rúa Xeneral Sir John Moore 2, 2ª planta, 15001 A Coruña, ás 10 horas do undécimo día natural contado a partir do último día en que remate o prazo de presentación de ofertas. En caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

9. Documentos que deben aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1º Prezo ofertado: ata 50 puntos.

2º Medios materiais, instalacións e equipos técnicos e melloras: ata 25 puntos.

3º Plan xeral de seguridade: ata 25 puntos.

11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Ferrol, 2 de marzo de 2001.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol