Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.776

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (930/2000).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 930/2000, por instancia de Mª Luisa Suárez Fernández e Mónica Castro Moro, contra a empresa Bupán 2000, S.L. e Fogasa, sobre cantidade, foi dictada a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, 27 de marzo de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 930/2000, seguidos por instancia de Mª Luisa Suárez Fernández e Mónica Castro Moro, maiores de idade, asistidas polo letrado Antonio Pousa Meréns, contra empresa Bupán 2000, S.L., que non compareceu nos autos, e Fogasa, que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereitos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta polas demandantes Mª Luisa Suárez Fernández e Mónica Castro Moro, contra a empresa Bupán 2000, S.L., condenando a demandada a aboar a cada unha das demandantes a cantidade de 105.678 pesetas polos conceptos reclamados na demanda, con absolución do Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria desta entidade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Bupán 2000, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino a presente cédula na Coruña, 27 de marzo de dous mil un.

O secretario xudicial

Rubricado