Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.776

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (877/2000).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos seguidos perante este Xulgado do Social tramitados baixo o número 877/2000, por instancia de Santiago Miguel Piñeiro Paz, contra a empresa Fabricados Escayola La Coruña, S.C., Juan Carlos Cuesta Royo e Fogasa sobre cantidade, foi dictada a seguinte sentencia:

Na cidade da Coruña, 27 de marzo de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 877/2000, seguidos por instancia de Santiago Miguel Piñeiro Paz, maior de idade, asistido polo letrado Antonio Pousa Meréns, contra empresa Fabricados Escayola La Coruña, S.C., e Fogasa, que non compareceron nos autos, sendo o obxecto da reclamación salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Santiago Miguel Piñeiro Paz, contra a empresa Fabricados Escayola La Coruña, S.C., condenando a demandada a aboarlle ó demandante a cantidade de 1.178.245 pesetas polos conceptos reclamados na demanda, con absolución de Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade que, ee é o caso, puidese corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da contidade de 25.000 pesetas na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603, clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Fabricados Escayola La Coruña, S.C., mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino a presente cédula na Coruña, 27 de marzo de dous mil un.

O secretario xudicial

Rubricado