Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

ANUNCIO da convocatoria de concurso para a concesión do servicio de recollida e retirada de vehículos e outros obstáculos da vía pública no municipio de Ribadavia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ribadavia. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a concesión do servicio de recollida, retirada, transporte e custodia de vehículos e outros obstáculos da vía pública.

b) Lugar de execución: concello de Ribadavia (Ourense).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Garantías.

Provisional: 100.000 pesetas.

Definitiva (solo adxudicatario): 1.000.000 de pesetas.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Ribadavia. b) domicilio: praza Maior s/n. c) Localidade e código postal: Ribadavia, 32400. d) Teléfono: 988 47 71 00. e) Fax: 988 47 71 01. f) Data límite de obtención de documentación: a do vixésimo sexto día (26 días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente

edicto no DOG (se coincidise con domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o seguinte día hábil).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego.

7. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día (26 días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se coincidise con domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o seguinte día hábil).

b) Documentación que integrará as ofertas: as proposicións por medio das cales se concorra á contratación convocada, presentaranse consonte o establecido no prego de cláusulas administrativas que rexen o concurso.

c) Lugar de presentación: os mesmos datos do punto 5.

8. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida en sábado ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día hábil posterior.

b) Hora: 12 horas.

9. Outras informacións.

a) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados no prego de contratación.

b) Consulta de documentación: nas dependencias municipais.

10. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Ribadavia, 15 de marzo de 2001.

José Pérez Iglesias

Alcalde