Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (357/2001).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 19 de abril de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle para a reordenación dos accesos ó equipamento comercial UCOSA.

2. Someter-lo dito expediente a información pública polo prazo dun mes anunciando esta no BOP ou no DOG nun dos xornais de maior circulación da provincia para o seu exame e presentación das alegacións que procedan.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 1/1997, do 24 de marzo do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 20 de abril de 2001.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente