Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ACORDO do 24 de abril de 2001, do Pleno do Concello de Narón, polo que se aproba definitivamente a relación dos bens e dereitos afectados polo proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da actuación industrial Río do Pozo, sector II, en Narón e se convocan para o levantamento das actas previas os titulares afectados.

Con data do 18 de febreiro de 2000 o Consello da Xunta de Galicia aprobou definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da actuación industrial Río do Pozo, sector II, en Narón, declarando expresamente a utilidade pública das obras e a urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para a execución das instalacións (Diario Oficial de Galicia do 25 de febreiro de 2000).

O 29 de setembro de 2000, o Pleno do Concello de Narón acordou a aprobación do inicio do expediente de expropiación forzosa, sendo o órgano expropiante o Concello de Narón e a entidade beneficiaria Sepes Entidad Pública Empresarial de Suelo; aprobouse así mesmo a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se notificou individualmente, e o seu sometemento a información pública polo prazo de 15 días (BOE do 27 de febreiro de 2001), sen que se formulasen alegacións durante o dito período.

Na sesión do 30 de marzo de 2001, o Pleno acordou aprobar definitivamente a relación dos bens e dereitos afectados polo citado expediente de expropiación, convocando os seus titulares para que comparezcan o próximo día 8 de maio co obxecto de proceder ó levantamento das actas, previas á ocupación en cumprimento do disposto no artigo 52.2º da Lei de expropiación forzosa e concordantes do regulamento.

Co obxecto de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, e se procedese, ás da ocupación

definitiva, convócanse o citado día 8 de maio do 2001 ás 12 horas no concello onde radican os predios afectados, tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos e intereses sobre os bens afectados.

Os titulares afectados deberán asistir persoalmente o ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome e representación, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, o derradeiro recibo da contribución e a

certificación catastral, podendo ir acompañado pola súa conta, se o estima oportuno, de perito e notario.

Esta publicación realízase, igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Narón, 24 de abril de 2001.

Xoán Gato Díaz

Alcalde

Predio nºTitularesDatos dos prediosAproveitamento

actual

Datos

rexistrais

Superficie m

TomoLibroFolioPredioT. afectada

200.01Fdez. Robles Hnos. r/ Franco, 40-1º Ferrol18187242225591810541054Monte

206 Descoñecido43Monte