Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFERO

ANUNCIO de concurso.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Monfero.

2. Obxecto do contrato: redacción do Plan xeral de ordenación municipal e cartografía.

3. Orzamento base da licitación: 9.000.000 de pesetas.

4. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde a última publicación do anuncio de convocatoria, xa sexa no BOP ou no DOG.

5. Garantía provisional: 180.000 pesetas.

6. Garantía definitiva: 4 por 100 do importe de adxudicación.

7. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: atópanse á disposición dos interesados nas oficinas do concello.

8. Modelo de proposición:

Don/Dona..., de profesión..., con domicilio en... rúa... número.. teléfono... e provisto do DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) número..., actuando en nome propio (ou en representación de...) toma parte no concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia consistente na realización dos traballos de... e para o efecto fai constar:

1) Que ofrece o prezo de... ptas., o que significa unha baixa de... ptas. en relación co tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos que rexen este contrato.

3) Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas.

En... o... de... de...

O licitador (asinado).

9. Documentación: a esixida na cláusula 9 do prego de cláusulas.

10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 12 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase en sábado, trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Pagamento dos anuncios: será por conta do adxudicatario.

Monfero, 10 de abril de 2001.

Andrés Feal Varela

Alcalde