Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 21 de marzo de 2001, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela (Lugo), pola que se lles notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e período executivo, polos servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que no anexo se insire non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non seren recibidas as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da debeda na conta bancaria 0046-0315-95-0008142490 do Banco Gallego nos prazos que se sinalan no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro (BOE nº 3, do 3 de xaneiro de 1991), polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (R.X.R.), modificado a través do Real decreto 448/1995, do 24 de marzo (BOE nº74, do 28 de marzo).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do R.X.R., esixiranse os correspondentes xuros de demora, segundo o artigo 21 da Lei 11/1992, do 7 de outubro (DOG nº 200, do 14 de outubro), de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se produxese a cobranza, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo de 15 días, a partir do seguinte a esta notificación, recurso de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste, para que sirve de notificación ó interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula en Burela, 21 de marzo de 2001.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital da Costa de Burela (Lugo)

ANEXO

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Massaoudi MustaphaOX13180075Fra. 20000179429-1-200024.840

Alberto Guerrero Gil32,633.210Fra. 20000211030-10-199924.840

Irma Cecilia EchevarriaX02892930JFra. 2000022483-11-200052.971

Palmira María de Jesús1.837.861Fra. 20010021018-7-200035.840

Concepción Pavón Glez.34.905.972Fra. 20010021829-7-200035.840

Isabel Vázquez Bermúdez80.030.468Fra. 20010022717-8-200035.840

M.T. Donesteve Velázquez401.638Fra. 20010023021-8-200035.840

M. José Campos Díaz33.302.056Fra. 2001002322-9-200035.840

Blanca Mata Gayoso33.853.912Fra. 20010023622-8-200035.840