Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 8 de marzo de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se lles notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a seguir, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou se alegaron distintas causas para non seren recibidas as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046/0014/33/0010230081, Banco Galego, oficina principal, situada na praza do Ferrol, nº 6, de Lugo, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (R.X.R).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no devandito artigo 20 do R.X.R., esixiranse os correspondentes xuros de demora, (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise a cobranza, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer no prazo de 15 días a partir do seguinte a esta notificación recurso de reposición ante ó órgano emisor ou reclamación económica-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste, para que sirva de notificación ó interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Lugo, 8 de marzo de 2001.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Santos Bentos Montoya44.812.936-NAsistencia sanitaria14-4-200035.840

Antonio García Ferreiro33.789.557-GAsistencia sanitaria18-9-2000 e 22-9-2000109.086

M. Ángeles Somoza Folgueira39.034.422-HAsistencia sanitaria25-7-200035.840

José Luis Barca Recarey32.422.871-RAsistencia sanitaria6-9-200035.840

María García Sixto44.824.067-BAsistencia sanitaria3-4-200035.840

Juan Méndez González76.568.080-EAsistencia sanitaria2-11-200035.840

José Antonio Romero Díaz32.644.669Asistencia sanitaria1-9-200035.840

Amparo Fernández Rey11.914.526-CAsistencia sanitaria28-5-200035.840