Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2001 pola que se anuncian, polo sistema de concurso de procedemento aberto, as obras de ampliación do IES de Oroso (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b)Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: ampliación do IES.

b) Lugar de execución: Oroso (A Coruña).

c) Prazo de execución: 4 meses.

d) Nº de expediente: SXCE 4/01/O.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 62.685.848 pesetas. (376.749,53 euros).

5. Garantías.

Provisional: ver prego.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información).

b) Enderezo: edificio administrativo. San Caetano, s/n e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

6.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 58 89 38.

b) Enderezo: r/ Xeneral Pardiñas, 2. Santiago de Compostela (A Coruña).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo: C, subgrupo: todos e categoría: E.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación

desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2º Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ver prego.

e) Admisión de variantes (concurso): ver prego.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2001.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria