Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2001 pola que se anuncian, polo sistema de poxa aberta, as obras de renovación de instalación eléctrica no CPI O Feal e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: renovación da instalación eléctrica no CPI O Feal.

b) Lugar de execución: Narón.

c) Prazo de execución: catro meses.

d) Importe total: 28.648.398 pesetas.

e) Clasificación do contratista: grupo I, categoría d.

f) Garantía provisional: exímese (artigo 35.1º do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

2.2. a) Descrición do obxecto: substitución de cuberta e obras varias no CPI A Xunqueira.

b) Lugar de execución: Fene.

c) Prazo de execución: tres meses.

d) Importe total: 14.110.103 pesetas.

e) Garantía provisional: 2% orzamento de contrata.

2.3. a) Descrición do obxecto: reparación de fachadas e cubertas no CEIP Manciñeira.

b) Lugar de execución: Neda.

c) Prazo de execución: tres meses.

d) Importe total: 13.691.731 pesetas.

e) Garantía provisional: 2% orzamento de contrata.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: poxa.

c) Forma: aberta.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña. (Unidade Técnica).

b) Domicilio: Praza de Luís Seoane, s/n 7ª planta.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15071.

d) Teléfono: 981 18 47 45, 981 18 47 52.

e) Fax: 981 18 47 85.

5. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. Se este cae en sábado ou domingo, será o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da delegación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

-Enderezo: Praza de Luís Seoane, s/n 7ª planta.

-Localidade: A Coruña 15071.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución de adxudicación da poxa.

6. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

b) Enderezo: Praza de Luís Seoane, s/n 7ª planta.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o quinto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións. Se este cae en sábado, pásase ó día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

7. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 17 de abril de 2001.

Alberto González Armesto

Delegado provincial da Coruña