Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.648

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de marzo de 2001 pola que se publican as bases que rexen a convocatoria conxunta de concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional (Diario Oficial de Galicia número 70, do 9 de abril).

Advertidos erros no texto da citada orde, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 4.781, Concello de Mugardos (A Coruña), onde di: «Lei 5/1998, do 21 de xuño», debe dicir: «Lei 5/1988, do 21 de xuño».

Na páxina 4.790, Intervencións de 1ª, Concello de Culleredo (A Coruña), onde di: «Secretario: África González-Bayilin López», debe dicir: «Secretaria: África González-Baylin López».

Na páxina 4.791, tesourerías de 1ª, Concello de Culleredo (A Coruña), onde di: «Secretario: África González-Bayilin López», debe dicir: «Secretaria: África González-Baylin López».

Na páxina 4.792, Concello de Ordes (A Coruña), vocais, onde di: «Suplente: Cristóbal Fraga Bemejo», debe dicir: «Suplente: Cristóbal Fraga Bermejo».

Na páxina 4.795, Concello de Quiroga (Lugo), onde di: «Titular: Pilar Fernández Represa, funcionaria da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Lugo», debe dicir: «Titular: Pilar Represa Fernández, funcionaria da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Lugo».

Na mesma páxina, Concello de Becerreá, Vocais, onde di: «Suplente: Pilar Fernández Represa, funcionaria de la Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Lugo», debe dicir: «Suplente: Pilar Represa Fernández, funcionaria da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Lugo».