Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 225/1999).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV de 490 m de lonxitude, centro de transformación e rede de baixa tensión no lugar do Castro, no termo municipal de Dodro (expediente 225/1999) por resolución desta delegación provincial de data 6 de marzo de 2000, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio na avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 2 de maio de 2001 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación dos predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Dodro, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia, BOP e no xornal La Voz de Galicia de datas 6-10-1999, 4-10-1999 e 18-9-1999, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 14 de marzo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña