Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/84-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do D.P. 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. As Barrocas-San Bartolomeu-Valadares.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 90 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio nº 2 da L.M.T. a San Bartolomeu, ata o C.T. que se proxecta nas Barrocas-San Bartolomeu, en Valadares, no concello de Vigo. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 570 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. R.B.T., subterránea, de 70 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 5 de marzo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra