Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.571

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2001, dos tribunais números 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo auxiliar da Administración da Xunta de Galicia (grupo D), convocado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 14 de xuño), pola que se fixa a data, a hora e o lugar da realización do primeiro exercicio do devandito proceso.

Convocado proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D) mediante orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de xuño de 2000 (DOG nº 115, do 14 de xuño), de conformidade coa base III.10 da convocatoria, correspóndelle ó tribunal número 1 fixa-los lugares, data e hora da realización do primeiro exercicio da fase da oposición.

Unha vez constituídos os tribunais do grupo D, en sesión conxunta do día 18 de abril de 2001, acordaron:

1. A distribución dos opositores, que será a seguinte:

Tribunal nº 1.

Xulgará os exercicios de tódolos aspirantes correspondentes ó sistema de promoción interna, así como os de acceso libre con apelidos desde Zamora Vázquez, Silvia a Fernández Ratón, Esmeralda ámbolos dous inclusive.

Tribunal nº 2.

Xulgará os exercicios dos aspirantes correspondentes ó sistema de acceso libre desde Fernández Real, Alejandro a Otero Paradela, Alfonso ámbolos dous inclusive.

Tribunal nº 3.

Xulgará os exercicios dos aspirantes correspondentes ó sistema de acceso libre desde Otero Paradela, Raquel a Yllanes López, María Isabel ámbolos dous inclusive.

2. Realiza-lo primeiro exercicio da fase de oposición o día 19 de maio de 2001, ás 11 horas no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).

Tódolos aspirantes deberán comparecer no lugar indicado ás 9.45 horas, provistos do DNI ou documento que acredite fidedignamente a identidade, lapis nº 2 e goma de borrar, de conformidade co establecido na base II.2. da convocatoria.

As listas dos opositores correspondentes a cada tribunal estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, na delegación territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuícultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horario de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2001.

Javier Batán Rodríguez

Presidente do tribunal número 1

Ramón del Valle LópezLourdes Batán Aira

Presidente do tribunalPresidenta do tribunal

número 2número 3