Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.523

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 4 de abril de 2001 para a convocatoria de dúas prazas de persoal laboral fixo para a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa das seguintes prazas:

a) Posto: profesor de prácticas de cociña (Ref. COC-0201).

1. Funcións principais: sempre baixo a supervisión do responsable do departamento, colaborar no deseño das materias relacionadas coa formación en cociña (incluíndo elaboración do material, impartición de clases e avaliación de alumnos), así como coordina-la formación coa xestión dos puntos de venda do CSHG.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-Titulación oficial ou específica na área.

-Experiencia profesional de 1 ano en postos de responsabilidade na área.

4. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos da área.

-Coñecementos de inglés e/ou francés.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Capacidade de integración en grupos de traballo.

5. Probas que se van realizar:

-Exame eliminatorio de coñecementos da área (ver temario anexo).

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Microsoft Word 2000.

-Proba escrita e oral de inglés e/ou francés.

-Entrevista persoal.

-Cuestionario de personalidade.

b) Posto: profesor adxunto a marketing (Ref. MK-0301).

1. Funcións principais: sempre baixo a supervisión do responsable do departamento, colaborar no deseño das materias relacionadas coa área (incluíndo elaboración do material, impartición de clases e avaliación de alumnos), así como asumir responsabilidades no marketing do CSHG.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-Titulación universitaria.

-Experiencia profesional acreditada na área de 9 meses.

4. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos da área.

-Coñecementos de inglés e/ou francés.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Capacidade de integración en grupos de traballo.

5. Probas que se van realizar:

-Exame eliminatorio de coñecementos da área (ver temario anexo).

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Microsoft Word 2000, Excel 2000 e Access 2000.

-Proba escrita e oral de inglés e/ou francés.

-Entrevista persoal.

-Cuestionario de personalidade.

c) Documentación que hai que presentar:

-Solicitude indicando a referencia do posto ó que se opta, dirixida ó director do CSGH (A Barcia, estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3, apartado 578, 15896 Santiago de Compostela).

-Currículo.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos no C.V. Os títulos oficiais obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

-Certificación académica que indique as cualificaciones obtidas na titulación requirida e o número de convocatorias por materia.

d) Prazo de presentación de solicitudes:

-O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

E) Selección:

-Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado publicará as listas previas de admitidos e excluídos.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2001.

Heriberto Verdes Vilaseca

Director xerente de Turgalicia, S.A.

ANEXO

-Profesor de prácticas de cociña.

Proba de coñecementos:

1. Equipamento e maquinaria en cociña.

2. Tratamento dos alimentos.

3. Fondos e salsas.

4. Métodos de cocción.

5. Hixiene na cociña.

6. Organización do traballo e a brigada de cociña.

7. Elaboración e planificación de menús e cartas.

8. Recepción de mercadorías e almacenaxe.

9. Xestión de stocks.

10. Control de custos en cociña e fixación de prezo de venda.

-Adxunto a marketing.

Proba de coñecementos:

O contido da proba de coñecementos versará sobre os seguintes puntos, con especial orientación ós sectores de hostalería e educación.

1. Definición de marketing. Problemática do marketing de servicios.

2. Análise da situación: o mercado, a competencia, o consumidor. Investigación comercial.

3. Producto: análise de gama e ciclo de vida.

4. Prezo: factores determinantes, estratexia xeral de prezos, secuencia de fixación.

5. Distribución: sistemas de distribución, canles propias do sector hostaleiro, a franquía.

6. Comunicación: venda persoal, promoción, publicidade, marketing directo e relacións públicas.

7. Marketing e planificación estratéxica: estratexias de diferenciación e posicionamento, estratexias competitivas e implementación de estratexias.

8. Lanzamento de novos productos.