Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto e urxente.

Obxecto: execución das obras do proxecto de substitución da cuberta do centro sociocultural e xuvenil de Outeiro de Rei.

Orzamento: 4.742.405 pesetas.

Prazo de execución: 2 meses contados a partir da acta de comprobación do replanteo.

Fianza provisional: 94.848 pesetas.

Fianza definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.

Información: na secretaría do concello.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, en horas de oficina, no prazo de trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia ou no BOP.

Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Outeiro de Rei, 23 de marzo de 2001.

José Pardo Lombao

Alcalde