Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU-5/1999).

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 9 de marzo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do POL F7.02, na avenida de Fisterra 194-208, presentado por Promociones Navimonte, S.L., formando parte del a documentación presentada relativa a boca de rega hidrante.

Segundo.-Notificar este acordo a Promociones Navimonte, S.L.

Terceiro.-Contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados desde a desetimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e os efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 14 de marzo de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo