Examinado o expediente instruído por instancia de Figueroa Paz, Teresa, na súa calidade de rep. legal, en solicitude de concesión do oportuno título-licencia da axencia de viaxes do grupo minorista.
Resultando que, coa referida solicitude se achegou toda a documentación que se indica non artigo 4 e seguintes do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño.
Considerando que, na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, para a obtención do título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista.
Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.
Vistos a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxe de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, a Dirección Xeral de Turismo
RESOLVE:
Conceder título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista, co nº XG-PO-000195, a Sentur Viajes, S.L., con casa central en Vigo, da que é titular
Viajes Sentur, S.L. que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, con suxeición ó preceptuado no Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Todo o anterior é sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2001.
P.D. (Orde 12-1-1998)
Aurelio Miras Portugal
Director xeral de Turismo