Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas que se citan. (Expediente 190 e 204/2000).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 72 m de lonxitude, centro de transformación e rede de baixa tensión no lugar do Alto de Berdillo, no termo municipal de Carballo (expte. nº 190/2000), e da liña eléctrica aérea a 15 kV de 950 m de lonxitude, centro de transformación e rede de baixa tensión no lugar de Armental, no termo municipal de Cambre, (expte. nº 204/2000), por resolucións desta delegación provincial do 20 de decembro de 2000, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A.

con domicilio na avda. Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 15 de maio de 2001 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos dos concellos de Carballo e Cambre, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal El Ideal Gallego de datas 7 de novembro, 19 de outubro e 13 de outubro de 2000, e no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia de datas 8 de novembro, 3 de novembro e 24 de outubro de 2000, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas

oficinas das referidas casas do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 4 de abril de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña