Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.501

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (251/2000).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño

que no xuízo de faltas número 251/2000 se dictou a presente sentencia, que ten no seu encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

«Procedemento: xuízo de faltas 251/2000.

En Santiago de Compostela, o trece de outubro de dous mil.

En nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza de Instrucción, tendo visto e oído no xuízo oral e público a presente causa de xuízo de faltas 251/2000, seguida por unha falta de desobediencia, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, o axente da Policía nacional co número de identificación 59.933 denunciante e como denunciado Miguel Ángel Varela Souto, pronunciou a seguinte sentencia:

Decido que debo condenar e condeno a Miguel Ángel Varela Souto como autor dunha falta do artigo 634 do Código penal á multa de 10 días e cota diaria de 500 pesetas/día con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non pagadas.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación a ámbolos dous efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, Sección 6ª con sede en Santiago de Compostela, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Miguel Ángel Varela Souto, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, o vintedous de marzo de dous mil un.

O secretario

Rubricado