Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.501

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

EDICTO (186/1998).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Corcubión e o seu partido xudicial, e promovido por Manuel, Elsa-Remedios e Maira de la Luz Figueiras Devesa, séguese expediente número 148/2000 para a declaración de falecemento de José Figueiras Devesa, nado en Curros-A Ponte do Porto (Camariñas), o día 16 de febreiro de 1927, fillo de Manuel Figueiras Tajes e María Luz Devesa Santos e co último domicilio coñecido na Ponte do Porto (Camariñas), e que emprendeu viaxe a América hai uns cincuenta anos, sen que desde entón se tivese noticias del; se vivise nestas datas o desaparecido tería oitenta a catro anos.

Para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e público coñecemento, expido o presente edicto en Corcubión o oito de agosto de dous mil.

Rubricado