A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,
DISPÓN:
Artigo único.
1. Queda aprobado o prezo de venda ó publico das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.
2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2001.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Guía do estudiante: 1.200 pesetas (7,21 euros).
Guía de pasarelas: 1.000 pesetas (6,01 euros).
Guía do sistema universitario de Galicia: 2.000 pesetas (12,02 euros).
Lexislación universitaria: 1.900 pesetas (11,42 euros).
Pronunciamentos do Tribunal Constitucional sobre diversos aspectos da universidade: 2.000 pesetas (12,02 euros).