Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.476

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 11 de abril de 2001 pola que se nomean os vocais compoñentes do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade.

O Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade crea no seu artigo 4 o Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, como órgano consultivo e de estudio da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade. No artigo 7 do Decreto 153/1998 relaciónanse os membros que compoñen o Pleno do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, determinándose que, xunto cos membros natos que se mencionan, serán nomeados nove vocais en representación das organizacións, institucións e departamentos autonómicos relacionados no número 2 do devandito artigo, así como o secretario, que será un funcionario cualificado da consellería competente na materia nomeado polo presidente.

A Orde do 28 de setembro de 1999, pola que se nomean os vocais compoñentes do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, designou vocais membros do Pleno do Consello por proposta das organizacións, institucións e departamentos autonómicos respectivos. Desde a entrada en vigor da orde ata o momento actual producíronse cambios que afectan os titulares e suplentes elixidos polas diferentes organizacións, institucións e departamentos autonómicos e que foron comunicados á secretaría do Pleno.

Por isto, en aplicación do artigo 7 do Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade, e tendo en conta, por unha banda, que a disposición derradeira do devandito decreto faculta a consellería competente na materia para dicta-las disposicións que requira o mellor desenvolvemento e eficacia do disposto nel e, por outra, que as funcións de aplicación da normativa sobre protección de animais domésticos e salvaxes en catividade foron asignadas á Consellería de Medio Ambiente en virtude do Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Que cese como vocal suplente do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, en representación da Consellería de

Medio Ambiente, Ignacio Domingo Bergareche Urdampilleta, agradecéndolle os servicios prestados.

2. Designar como vocal suplente do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, en representación da Consellería de Medio Ambiente, a José Manuel Pena Regueiro, xefe de Recursos Naturais.

Artigo 2º

1. Que cese como vocal suplente do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, en representación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, Manuel Díaz Cano, agradecéndolle os servicios prestados.

2. Designar como vocal suplente do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, en representación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, a Jesús Vázquez Pérez, xefe do Servicio de Sanidade Animal.

Artigo 3º

1. Que cese como vocal titular do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias, Julio Álvarez Núñez, agradecéndolle os servicios prestados.

2. Designar como vocal titular do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias, a Sofía López Linares, concelleira delegada da Muller e Servicios Sociais do Concello de Quiroga.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2001.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente