Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 16 de marzo de 2001, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan liquidacións complementarias pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Penela Montoto, Camilo e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacións complementarias pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola Oficina Liquidadora de Distrito Hipotecario de Cambados en aplicación do artigo 120 e seguintes, e concordantes, da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, das 9 ás 14 horas de luns a venres, ante a oficina sinalada no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Ourense, 16, Cambados.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida

desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 16 de marzo de 2001.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Penela Montoto Camilo

DNI: 35.893.349-D

R/ López Mera, 29-1º B, Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 1380/98

Liq. 6/01

Magu Sanxenxo, S.L.

NIF: B-36.267.169

R/ Fuensanta Rodríguez, baixo

Sanxenxo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 3966/97

Liq. 132/00