Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 14 de marzo de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan requirimentos de documentación pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (D.A.U. Incaber, S.L. e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse requirimentos de documentación, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economia e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 14 de marzo de 2001.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

D.A.U. Incaber, S.L.

CIF: non consta

Laxe-Sárdoma, 103, Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais

e actos xurídicos documentados.

Expte. 2991/99

López Rúa, Benito

DNI: non consta

Romil, 13-3º A, Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Solicitude de prórroga nº rexistro 15182

SCI Gestión, S.A.

CIF: non consta

Amador de los Ríos, 4-5, Madrid

Imposto de transmisións patrimoniais

e actos xurídicos documentados.

Expte. 29803/97