Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.417

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Xosé Anxo Rodríguez Rei.

No xulgado do contencioso-administrativo número un de Santiago de Compostela tramítase o recurso nº 54/2001 (procedemento abreviado) interposto por Xosé Anxo Rodríguez Rei na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999).

O recorrente, aspirante da categoría de celador, pretende a asignación de 9 puntos polo epígrafe de formación postgraduada e un total de 187,79 puntos no concurso-oposición, coa súa conseguinte inclusión na relación de aspirantes seleccionados.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódolos interesados no procedemento e se emprazan para que poidan presentarse no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos